viernes, 22 de mayo de 2009

PROGRAMA "FESTA DO NENO"


12:30: Comenzo do percorrido do tren turístico polas rúas do Concello.

15:30: Parque Infantil (obradoiros, hinchables).

17:00: Concentración Cabalar.

18:00: Actuación de Zancolino co espectáculo: "PERIGO: ZICO-ZUCO-ZACA BUSCANDO A MAMÁ".



En caso de mal tempo traladarase para o domingo seguinte.




DESEXAMOS QUE DISFRUTES!!!!!!!!!!!!!!


jueves, 21 de mayo de 2009

FESTA DO NENO


O vindeiro domingo 31 de Maio celebrase a FESTA DO NENO DO CONCELLO DE TOURO.
Para tal evento sairá un programa específico que colgaremos para a semán que ven, sendo o lugar de realización os aparcamentos de Dona Dana a partir das 16:00 horas.

Agardamos a toda a poboación!!!!!!

viernes, 8 de mayo de 2009

PROGRAMA DA XORNADA MULTICULTURAL

O vindeiro 16 de Maio o Concello de Touro organiza unha Xornada Multicultural no Local Parroquial de Touro de 18:00 a 21:00 horas, onde se poderán observar obxectos doutras culturas, así como un tratamento máis exhaustivo ao escritor homenaxeado este ano.

  • 18:15 : VISIONADO DO DOCUMENTAL "RAMÓN PIÑEIRO": Galeguista, editor e ensaísta"
  • 19:00: ACTUACIÓN DA BANDA ISABEL II DE TOURO
  • 20:00: VISONADO DO FILME "LINGUAS CRUZADAS"

martes, 5 de mayo de 2009

XORNADA MULTICULTURAL

A próxima semana realizaranse varias actividades co motivo da celebración das Letras Galegas 2009. Próximamente colgaremos o programa de actividades que se levará a cabo na páxina web: www.concellodetouro.com.

sábado, 2 de mayo de 2009

EXCURSION DE INTERÉS HISTÓRICO-CULTURAL


O día 18 de Abril programouse unha excursión a cidade de Lugo e alrrededores.

Estaba destinada a aquela poboación interesada no coñecemento e ampliación dos nosos antepasados.

Se visitaron o Castro de Viladonga de orixe castrexo-romana en Castro de Rei, o nacemento do Río Miño e finalmente a cidade de Lugo.

Aquí poidemos disfrutar das súas murallas Romanas, a Catedral e o Museo dos Mosaicos dentro de Murallas.